InicioSociedadeGran baixada de casos covid na área deVigo

Gran baixada de casos covid na área deVigo

Hai máis dun milleiro menos de infectados, aínda que aumentan os ingresos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 seguen en descenso en Galicia e sitúanse en 38.640, que supoñen 3.571 menos que a xornada anterior, así como os novos contaxios, que baixan a 1.652 –case medio milleiro menos que o día pasado–, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus aumentan a 663, que implican 22 máis. Pola súa banda, a taxa de positividade sobe lixeiramente a un 14,3 por cento no conxunto de Galicia.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este luns con rexistros ata as 18,00 horas deste pasado domingo, recollidos por Europa Press, descenden a 44 as persoas hospitalizadas pola Covid-19 en UCI en Galicia –unha menos–, pero aumentan a 619 as ingresadas noutras unidades convencionais –23 máis–, mentres que 37.977 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana había 737 hospitalizados.

Na área de Vigo seguen oito pacientes ingresados en UCI e aumentan a 78 os que se atopa noutras unidades –un máis–.

MENOS CASOS ACTIVOS

As infeccións activas descenderon nas sete áreas sanitarias, coa de Vigo á cabeza (-1.057) que queda con 8.649.

BAIXAN OS CONTAXIOS

Os novos contaxios tamén manteñen a tendencia descendente e sitúanse en 1.652 no inicio desta semana, que supoñen 492 menos que os 2.144 deste pasado domingo. Dos 1.652 novos casos abertos nas últimas 24 horas 347 corresponden á área de Vigo.

ÚLTIMAS

San Simón

​O exitoso lanzamento da película "San Simón" volveu poñer na axenda os crimes do...

Esquerda Unida apoia declarar o aeroporto de Peinador como Lugar de Memoria Democrática

Esquerda Unida de Vigo mostrou o seu apoio á solicitude de Sumar para que...

Aparece con vida e a 400 metros da súa casa o home desaparecido o luns no Porriño

Un veciño de 67 anos que faltaba do seu domicilio desde o mediodía do...

Multa de 2.000 euros a un matrimonio por educar ao seu fillo de nove anos en casa en Gondomar

O Xulgado do Penal número 1 de Vigo condenou a pagar 1.080 euros a...