InicioSociedadeVolven subir os casos covid na área de vigo

Volven subir os casos covid na área de vigo

Notificáronse dúas mortes máis.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O ritmo de contaxios de Covid volveu a repuntar nas últimas horas en Galicia, onde hai este xoves 4.006 novas infeccións (811 máis que hai un día) e tamén se retarda a baixada de casos activos. Ademais, a presión hospitalaria redúcese levemente, cun ingresado menos en UCI e 11 ingresados menos en planta.

Segundo os datos publicados pola Consellería de Sanidade, os novos contaxios creceron en todas as áreas sanitarias, coa área da Coruña-Cee á cabeza, con 818 casos novos. Na área de Vigo detectáronse 792 contaxios e segue concentrando o maior número de afectados, con 11.834 (327 menos).

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á presión hospitalaria, en Galicia hai actualmente 47 persoas ingresadas en Unidades de Coidados Intensivos (unha menos que este mércores) e 635 persoas ingresadas en camas convencionais (11 menos). O maior número de enfermos graves están ingresados nas áreas da Coruña e Vigo, con 10 (un menos) e 9 (tres máis).

FALECIDOS, CURADOS E PROBAS

Sanidade confirmou o falecemento, nas últimas horas, doutras 7 persoas con Covid (co que o total de vítimas desde o inicio da pandemia elévase a 3.015). Entre eles, un home de 66 anos e outro home, de 97 anos, que faleceron na área de Vigo.

ÚLTIMAS

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...