InicioSociedadeSanidade confirma oito falecidos máis con covid-19 en Galicia, dous en Vigo

Sanidade confirma oito falecidos máis con covid-19 en Galicia, dous en Vigo

Todos tiñan patoloxías previas e idades entre 60 e 100.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade confirmou este luns que os últimos 8 falecementos de persoas con covid-19 en Galicia correspóndense con pacientes de entre 60 e 100 anos de idade, todos eles con patoloxías previas.

Nas últimas horas, fontes sanitarias notificaron 8 falecementos, que elevaron a 2.932 as persoas con covid-19 que perderon a vida en Galicia, aínda que foi este luns cando se deron detalles sobre eses decesos.

Así, tres óbitos correspóndense co día 28 de xaneiro, e son o dun home de 73 anos ingresado no Complexo Hospitalario de Santiago, e os de dúas mulleres de 60 e 85 anos de idade, que estaban ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. A maior delas procedía da residencia de Tomiño.

O pasado 29 de xaneiro faleceron outras dúas persoas, unha muller de 72 anos de idade que estaba no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee (A Coruña), e un home de 100 anos, ingresado no Hospital de Valdeorras (Ourense).

Finalmente, os outros tres falecementos, correspondentes ao domingo 30, son os dun home de 84 anos de idade que estaba ingresado no Complexo Hospitalario de Pontevedra; e outros dous homes, de 89 e 73 anos de idade, que estaban no Complexo Hospitalario de Santiago.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...