InicioSociedadeAs obras da segunda fase das ramplas de Gran Vía comezarán en...

As obras da segunda fase das ramplas de Gran Vía comezarán en febreiro

A actuación farase sobre 150 metros lineais de rúa, en dous tramos, entre Venezuela e a rúa Bolivia, e de Bolivia á rúa Nicaragua.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo iniciará en febreiro as obras da segunda fase das ramplas mecánicas de Gran Vía, entre as rúas Venezuela e Nicaragua, cun importe de licitación de algo máis de 4,2 millóns de euros e un prazo de execución de 8 meses.

Así o confirmou este martes o alcalde da cidade, Abel Caballero, quen sinalou que xa se está facendo o plan de control de calidade, o plan de xestión de residuos, o de seguridade da obra, e todos os preparativos previos ao comezo dos traballos.

A actuación farase sobre 150 metros lineais de rúa, en dous tramos, entre Venezuela e a rúa Bolivia, e de Bolivia á rúa Nicaragua, xa preto da Praza de España. O obxectivo do goberno local é que as obras estean finalizadas e inauguradas antes da próxima campaña do Nadal.

Así, cara a finais do próximo verán, a Gran Vía de Vigo contará con ramplas mecánicas para salvar do desnivel da rúa desde María Berdiales á rúa Nicaragua e, segundo repetiu o alcalde, a actuación “non se puido empezar desde máis abaixo porque a Xunta o impide”.

Os novos tramos de ramplas mecánicas contarán, do mesmo xeito que os xa construídos, con novo mobiliario urbano, renovación de pavimentos, iluminación e semáforos, ramplas cubertas cun pórtico acristalado e con arcos metálicos en diferentes cores, así como zonas verdes exteriores e interiores.

“Estamos a facer unha obra colosal. Todo o mundo utiliza as ramplas, todo o mundo está contento. Aquilo é un xardín botánico. No futuro, estarán o Xardín Botánico de Madrid e o de Vigo”, proclamou Caballero.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...