InicioSociedadeFalecen nove persoas máis con covid-19 en Galicia, cinco na área de...

Falecen nove persoas máis con covid-19 en Galicia, cinco na área de Vigo

O máis novo tiña 53 anos.

PUBLICADO O

A pandemia de covid-19 deixa outros nove falecidos en Galicia. Estas mortes rexistráronse o 14 e 16 de xaneiro.

O 14 deste mes confirmáronse as mortres dun home de 62 anos no hospital Povisa de Vigo, unha muller de 89 anos na Residencia Virxe da Guadalupe de Mos, e os falecementos no CHUVI de Vigo dun home de 53 anos, outro de 92 anos (procedente da residencia Mi Casa de Pazos de Borbén) e un terceiro de 60 anos.

O día 16 de xaneiro, as mortes rexistradas foron as dun home de 95 anos no CHUS (Santiago de Compostela), unha muller de 73 anos no CHUAC (A Coruña) e unha muller de 87 anos e un home de 85 no CHUF (Ferrol).As persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...