InicioSociedadeO vicepresidente da Xunta considera que o antigo Hospital Xeral de Vigo...

O vicepresidente da Xunta considera que o antigo Hospital Xeral de Vigo deixou de ser un problema ao converterse na Cidade da Xustiza

Alfonso Rueda destaca que "non se deixou morrer" un dos edificios máis emblemáticos da cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, valorou este luns a “segunda vida” do antigo edificio do Hospital Xeral de Vigo, que pasou de ser “un problema” á Cidade da Xustiza. Así o sinalou nunha visita levada a cabo esta mañá xunto cun grupo de profesionais sanitarios que no seu día traballaron no centro hospitalario e este luns coñeceron como avanzan as obras de rehabilitación do edificio.

Segundo Rueda, “fíxose algo intelixente”, que foi “non deixar morrer” un dos edificios máis emblemáticos da cidade, “que quedou baleiro e converteuse nun problema”.

Á visita asistiron, entre outros, o xerente da área sanitaria, a directora de Atención Hospitalaria da área e os actuais xefes de servizo de Neuroloxía, Pneumoloxía, Radiodiagnóstico ou Cirurxía Vascular e Torácica.

A obra do edificio xa supera o 98% de execución, polo que a Xunta prevé solicitar este mes ao Concello de Vigo a licenza de primeira ocupación.

Tamén o conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, tivo boas palabras para a rehabilitación do antigo edificio do Hospital Xeral, agradecendo que “non queda no esquecemento” despois da construción do Hospital Álvaro Cunqueiro, “un dos mellores de Europa”.

“Curiosamente, nós agora imos ocupar o espazo que deixan os xuíces”, subliñou o titular de Sanidade, en relación a que o centro de saúde Olimpia Valencia estará no edificio que deixan os tribunais.

ÚLTIMAS

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...