InicioSociedadeSete mortos máis en Galicia pola covid-19, catro en Vigo

Sete mortos máis en Galicia pola covid-19, catro en Vigo

Xa son 2.843 os falecidos contabilizados en Galicia desde o inicio da pandemia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade informou este venres da morte doutras sete persoas derivadas da infección por coronavirus ao longo desta semana, co que xa son 2.843 os falecidos contabilizados en Galicia desde o inicio da pandemia.

Concretamente, o último parte da Consellería de Sanidade suma a morte dunha muller de 86 anos o día 11 no hospital de Povisa de Vigo, mesmo centro no que ao día seguinte perdeu a vida un home de 84 anos.

Tamén o 12, unha muller de 90 anos morreu por coronavirus no seu domicilio de Vigo. Do mesmo xeito que os anteriores e todos os falecidos recollidos neste parte, presentaba patoloxías previas detectadas.

Sanidade notificou este venres catro óbitos máis correspondentes á xornada do xoves: unha muller de 94 anos que morreu no Hospital de Monforte; un home de 72 anos, no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol; outro home de 84 anos, no Complexo Hospitalario de Pontevedra; e un home de 86 anos, no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

A consellería xa notificara varios falecidos o día 11 –dúas mulleres– e outro deceso o mércores 12 –unha muller de 86 anos–, que se suman a outros cinco óbitos notificados tamén esta semana.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...