InicioSociedadeA Covid cébase con Vigo: 854 novos casos e case 8.000 casos...

A Covid cébase con Vigo: 854 novos casos e case 8.000 casos actvos

Soben tamén os hospitalizados e os pacientes nas UCI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Catro días despois de Noiteboa, Galicia alcanzou unha nova marca de contaxios por coronavirus nunha xornada ao rexistrar outros 3.468 positivos, que son un milleiro máis que os notificados o luns. Deste xeito, os casos activos continúan en escalada e superan xa os 28.000 ata marcar outro máximo da pandemia. Mentres tanto, a presión hospitalaria sobe con outros sete ingresados con covid, ata alcanzar os 305 en total na Comunidade. Unha situación na que a área sanitaria de Vigo segue sendo a máis prexudicada.

No que respecta ás novas infeccións, segundo os datos publicados este martes pola Consellería de Sanidade –actualizados ás 18,00 do luns–, a cifra de 3.468 implica bater a anterior marca de 3.100 do pasado sábado, 25 de decembro. De todos os positivos notificados na última xornada, a área de Vigo volve situarse á cabeza ao concentrar 842 novos contaxios e é a que máis pacientes covid acumula, con 7.960 (+535).

SOBEN Os HOSPITALIZADOS

Se se observan as hospitalizacións, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) contabilizaba este luns ás 18,00 horas –hora tomada como referencia para os datos publicados este martes– un total de 305 pacientes covid ingresados, sete máis que o día anterior. De todos eles, 249 están en planta (tres máis) e 56 en unidades de coidados intensivos (catro máis).

A presión asistencial sobe en tres das catro áreas sanitarias. Na de Vigo, xa hai 86 enfermos hospitalizados (+6), dos que 16 (+2) están críticos.

ÚLTIMAS

O BNG leva ao Congreso rexeitar a prolongación da A-52 e liberar a AP-9 como “alternativa máis sustentable”

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, defenderá este martes unha proposición non de lei...

Piden 12 anos de prisión para un home por supostamente agredir sexualmente a un menor de 16 anos en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro mércores,...

A Xunta tomará “as accións necesarias” e non descarta a vía xudicial para defender o centro de asociacionismo olívico

A Xunta de Galicia emprendará "as accións necesarias" e non descarta a vía xudicial para defender...

A xuíza denega citar á concelleira de Festas polo accidente mortal de Matamá

A xuíza volveu denegar a citación da concelleira de Festas do Concello de Vigo, Patricia...