InicioSociedadeConvocan unha folga nos centros de saúde e PAC do Baixo Miño...

Convocan unha folga nos centros de saúde e PAC do Baixo Miño ante a súa “grave situación”

CIG Saúde reclama máis persoal e contratos "estables e dignos". O paro terá lugar do 21 ao 24 de decembro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

CIG Saúde anunciou este xoves a convocatoria dunha folga, do 21 ao 24 de decembro, nos centros de saúde e PAC da comarca do Baixo Miño (nos municipios da Guarda, O Rosal e Oia), ante a “grave situación” da Atención Primaria nesta zona.

A través dun comunicado, a federación de sanidade do sindicato nacionalista sinalou que este paro pretende reclamar “máis persoal e contratos estables e dignos” para os profesionais sanitarios da zona, e alertou da situación nestes municipios pola falta de profesionais.

CIG Saúde considera “irrenunciables” demandas como o aumento de persoal mediante a “convocatoria inmediata de todas as prazas necesarias en todas as categorías”, e non só estabilizando a situación do persoal actual, senón “incorporando prazas novas” en función das necesidades, o que debe permitir diminuír o cociente actual de pacientes por cada profesional.

Así mesmo, reclaman contratos “estables e dignos”, que permitan cubrir o 100 % das ausencias e garantir unha prestación asistencial de calidade, para “acabar coa situación de precariedade actual”. Outra das esixencias é a dotación dun segundo equipo de Medicina de Familia e Enfermaría na PAC da Guarda, tendo en conta as características xeográficas e sociodemográficas da poboación atendida”.

Finalmente, apuntan a necesidade de establecer “incentivos” que permitan atraer profesionais a traballar na Atención Primaria do ámbito rural, onde se demostrou a “dificultade de cobertura”.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...