InicioSociedadeA área de Vigo ten máis do 25% de casos Covid de...

A área de Vigo ten máis do 25% de casos Covid de Galicia

Rexistra máis de 2.500 contaxiados dos 8.500 casos de todo o país.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As estatísticas oficiais das autoridades sanitarias galegas reflicten este domingo que Galicia superou os 8.500 casos activos de covid-19 e achégase aos 8.600 pacientes con infección activa (situándose en 8.591). O número de contaxios diagnosticados nas últimas 24 horas está ao redor dos 700.

Segundo os datos publicados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, mantéñense en 35 as persoas ingresadas en UCI pola covid-19 en Galicia e soben a 202 as hospitalizadas noutras unidades.

Galicia mantén a tendencia ascendente de casos activos de covid-19, que se aproximan aos 8.600, o que implica 387 máis que na xornada anterior. Os contaxios, ao redor dos 700, superan significativamente ás pouco máis de 300 altas dadas, e nas últimas horas tamén foron notificados tres novos falecementos, que elevan as vítimas mortais a 2.681.

Deste xeito, a área de Vigo continúa con 14 pacientes covid en UCI e aumentan a 53 os ingresados noutras unidades –seis máis–.

MÁIS DE 2.500 CASOS

Galicia mantén a tendencia ascendente de casos activos de covid-19, que se sitúan en 8.591, que implican 387 máis que na xornada anterior, ao haber máis contaxios (697) que altas (307). Nas últimas horas, sumáronse tres vítimas mortais. As infeccións activas aumentan de novo no sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (+140) que suma 2.589 casos.

ÚLTIMAS

Caballero chancea con Mamdani, novo alcalde de Nova York: “O noso Nadal é mellor”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou este mércores ao novo alcalde de Nova...

Xunta urxe a Caballero un acordo para “desbloquear” actuacións como a ETEA: “Non existe xustificación para o atraso”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, urxiu ao alcalde de Vigo,...

San Simón

​O exitoso lanzamento da película "San Simón" volveu poñer na axenda os crimes do...

O BNG presenta case 200 enmendas para os orzamentos de Vigo de 2026

O BNG de Vigo presentou este mércores unha batería de 198 emendas parciais aos...