A incidencia da Covid-19 en Galicia segue en ascenso e sitúase en 5.973 os casos activos no inicio deste mes de decembro, tras dispararse a 704 os novos contaxios –210 máis que a xornada anterior–, e aumentan a 169 os pacientes hospitalizados por este coronavirus –14 máis–. A taxa de positividad ascende a un 7,7 por cento en Galicia, que supera o tres millóns de PCR realizadas.
Segundo os datos publicados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, soben a 30 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –tres máis– e a 139 as hospitalizadas noutras unidades –11 máis–, mentres que 5.804 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.
Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta na área de Vigo, onde soben a dez os pacientes en críticos por este coronavirus –un máis– e a 34 os ingresados noutras unidades –cinco máis–.
CASE 6.000 CASOS
Galicia roza os 6.000 casos activos de Covid-19 no inicio de decembro, ao situarse en 5.973, que implican 551 máis que a xornada anterior ao haber máis contaxios (704) que altas (152), ao que se engade un falecemento. En concreto, as infeccións activas aumentan de novo nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (+186), que queda con 1.652 casos activos.
REPUNTAN Os CONTAXIOS
Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 subiron a 704 en Galicia, 210 máis que os 494 da xornada anterior, despois de comezar esta semana con 415. Deles, 220 corresponden á área de Vigo.