InicioSociedadeAdif licita a renovación de infraestrutura e vía do tramo Estación de...

Adif licita a renovación de infraestrutura e vía do tramo Estación de Guillarei-Fronteira portuguesa

Licitouse por un importe de case 12.380.000 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello de Administración de Adif autorizou na súa última reunión a licitación, por importe de 12.379.566,43 euros (IVE incluído), do proxecto de renovación de infraestrutura e vía do tramo Estación de Guillarei-Fronteira portuguesa, pertencente á liña Guillarei-Valença do Minho.

Así o informou Adif nun comunicado, no que explica que o contrato, que ten como obxectivo mellorar o estado da infraestrutura e a fiabilidade da liña férrea, inclúe, entre outras, explanacións, limpeza e regularización de cunetas e noiros entre os puntos quilométricos; así como execución de muros de dique e rebaixes de plataforma e construción de plataforma nova na estación de Tui e en tres pasos superiores.

A iso s suman actuacións en plataformas de acceso a estribos e entre ás de vigas, impermeabilización e selado de xuntas transversais en diferentes pasos inferiores; execución dun muro de contención a base de pilotes, complementados cunha aliñación de ancoraxes do muro; prolongación da plataforma existente na estación de Tui e renovación para deixalo á cota que mellora a accesibilidade dos viaxeiros.

Tamén se crea unha nova plataforma lateral alén das vías, engade Adif, que sinala que a comunicación entre eles se previu mediante un paso inferior, incluíndo un percorrido libre de obstáculos con alternativa sen chanzos.

Nesta actuación inclúese a adecuación da vía 4, a substitución de semipórticos e a instalación dun pórtico na zona de plataformas da estación de Tui, a electrificación da vía 2 e a substitución de ménsulas, dirección O Porto (Portugal), polos cambios en trazado.

Con estas actuacións a estación de Tui quedará adecuada tanto para o servizo internacional de viaxeiros como para poder estacionar trens de mercadorías de 750 metros de lonxitude.

ÚLTIMAS

Detido un home en Vigo tras prenderlle lume á súa exparella

A Policía Nacional detivo a un home en Vigo tras asperxer á súa exparella...

Comeza a operación Panificadora en Vigo, á espera do PXOM e as expropiacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

O presidente dos comuneiros de Cabral afronta un ano e tres meses por unha obra ilegal

O Xulgado do Penal número 2 de Vigo acollerá a próxima semana un xuízo...

A Valedora volve pedir ao Concello de Vigo información sobre o accidente mortal das festas de Matamá

A Valedora do Pobo enviou esta semana ao Concello de Vigo un segundo requirimiento para...