InicioSociedadeBuscan un home de 38 anos desaparecido en Mos desde o mércores

Buscan un home de 38 anos desaparecido en Mos desde o mércores

Mide 1,70 metros de estatuta e é de complexión delgada. Ten o pelo moreno e unha tatuaxe tribal no brazo dereito.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os familiares e achegados de Elvis Fernández Rodríguez, de 38 anos, solicitan axuda para dar co seu paradoiro tras ser visto por última vez o pasado mércores no municipio de Mos. Na súa localización participan cans da unidade de procura de persoas da Garda Civil de Ourense.

Segundo a descrición achegada por SOS Desaparecidos, trátase dun home de 1,70 metros de estatuta e complexión delgada. Ten o pelo moreno e unha tatuaxe tribal no brazo dereito.

Elvis Fernández foi visto por última vez o pasado 29 de setembro na parroquia de Herville, en Mos.

ÚLTIMAS

Carla Simón desenterra en Cannes os recordos dunha xeración “perdida” pola sida co filme ‘Romería’, rodada en Vigo

A cineasta Carla Simón desenterrou no Festival de Cannes os recordos da xeración dos...

O Celta-Xetafe desta fin de semana, de alto risco

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...

Caballero reclama á Deputación de Pontevedra 6,25 millóns en investimentos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu en reclamar á Deputación de Pontevedra investimentos...

Ordenan prisión para o home que quixo queimar a casa da súa exmuller en Tomiño coa súa filla dentro

O xulgado de instrución número 1 de Tui acordou o ingreso en prisión provisional,...