InicioVigo e contornaRedondelaBaixa a presión hospitalaria e descenden tamén os casos activos na área...

Baixa a presión hospitalaria e descenden tamén os casos activos na área sanitaria viguesa

Galicia rexistra o menor dato de infeccións activas no que vai de ano e os novos contaxios caen a 29.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 en Galicia seguen en descenso e redúcense a 1.160, o menor dato do que vai de ano, mentres que os novos contaxios caen a 29 –catro menos que a xornada pasada–. Os pacientes ingresados mantéñense en 58, deles 16 en UCI, e a taxa de positividade baixa a un 0,95 por cento.

Segundo os datos publicados pola Consellería de Sanidade este martes, con rexistros ata as 18,00 do luns, descenden a 16 as persoas ingresadas en unidades de coidados intensivos –unha menos– e aumentan a 42 as hospitalizadas noutras unidades de hospitalización –unha máis–, mentres que 1.102 pacientes permanecen en seguimento domiciliario.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria mantense en cinco das sete; mentres que aumenta lixeiramente na de Pontevedra e O Salnés, que segue con dous pacientes Covid en UCI e conta con seis noutras unidades –un máis–, e descende na de Vigo, onde seguen dúas en críticos e queda un noutra unidade de hospitalización –un menos–.

Na da Coruña e Cee continúan cinco pacientes Covid en UCI e 15 noutras unidades; na de Lugo hai dúas e sete, respectivamente; e na de Santiago e Barbanza seguen dúas en críticos e oito noutras unidades.

Na área de Ourense aínda que descenden a tres os pacientes Covid en UCI –un menos–, aumentan a cinco os ingresados noutras unidades –un máis–; mentres que a de Ferrol continúa sen persoas hospitalizadas pola Covid-19.

MENOS DE 1.200 CASOS ACTIVOS

Os casos activos de Covid-19 caeron ata os 1.160, que supoñen 47 menos, ao haber máis altas (71) que novos contaxios (29), ao que se engaden cinco falecementos. Desde o ano pasado Galicia non contabiliza unha cifra tan baixa de casos activos, xa que no inicio do verán, o 20 de xuño, rexistrou 1.289 o día 20, xusto antes da época estival.

As infeccións activas baixaron en seis das sete áreas sanitarias galegas: A Coruña e Cee (-17), Santiago e Barbanza (-15), Lugo (-9), Ourense (-7), Ferrol (-1) e Vigo (-1), mentres que subiron lixeiramente na de Pontevedra e O Salnés (+3).

Por tanto, con máis casos activos segue a área da Coruña e Cee, con 260; seguida da de Vigo, con 241; Lugo, con 217; Ourense, con 190; Santiago e Barbanza, con 139; Pontevedra e O Salnés, con 85, e a de Ferrol continúa á cola, con 28.

MENOS CONTAXIOS

Os novos contaxios de Covid-19 no conxunto da Comunidade galega descenden lixeiramente ata os 29, que implican catro menos que os 33 cos que arrincou esta última semana do mes de setembro.

Nas últimas 24 horas, foron confirmados 30 positivos con probas diagnósticas de infección activa –algúns poden corresponder a casos xa existentes–, dos cales 10 corresponden á área de Vigo; seis, á de Pontevedra e O Salnés; catro, á da Coruña e Cee; catro, á de Ourense; outros catro, á de Lugo; e dous, á de Santiago e Barbanza; mentres que a de Ferrol por segundo día consecutivo non rexistra casos.

Deste xeito, os contaxiados de coronavirus en Galicia desde o inicio da pandemia aumentan a 182.170, dos que 43.034 corresponden á área da Coruña e Cee; 37.587, á de Vigo; 26.934, á de Santiago e Barbanza; 21.693, á de Ourense; 21.410, á de Pontevedra e O Salnés; 19.893, á de Lugo; e 11.619, á de Ferrol.

Desde o comezo desta pandemia, Galicia levou a cabo 2.830.034 PCR, que representan 1.856 probas máis que as rexistradas ata a xornada anterior, e unhas 500 menos máis que as feitas o día pasado.

En canto á taxa de positividad das probas PCR –número de infeccións detectadas cada 100 test– descende a un 0,95 por cento despois de arrincar a semana cun un por cento. Por iso, segue por baixo do 5% que a OMS determina como limiar para considerar controlada a pandemia.

FALECIDOS E CURADOS

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia aumentan a 2.634, tras notificar este luns Sanidade a morte de cinco pacientes.

Os decesos corresponden a tres días. O primeiro sucedeu o pasado sábado 25 de setembro no CHUS, onde morreu un home de 73 anos; o domingo 26 faleceron tres persoas, dúas deles (ambos os homes e de 73 e 77 anos) no Hospital de Monforte, onde ingresaron procedentes da residencia DomusVi do municipio monfortino. Ademais, tamén morreu o domingo un home de 90 anos no Chuac.

O quinto dos óbitos notificados produciuse este luns 27. Trátase dun home de 84 anos que se atopaba hospitalizado no CHUO, segundo os datos de Sanidade.

Fronte a iso, curáronse 178.410 persoas deste coronavirus desde o inicio desta pandemia en toda a Comunidade galega, 71 máis que as rexistradas ata a xornada pasada.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...

O TS confirma a sentenza contra Stellantis que recoñece o dereito dunha traballadora á conciliación

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...