InicioSociedadeOs universitarios que aínda non están vacinados poden facelo sen cita no...

Os universitarios que aínda non están vacinados poden facelo sen cita no Campus

As universidades galegas inocularán este luns e martes --13 e 14 de setembro-- a estudantes e persoal dos centros as primeiras doses da vacina contra a covid sen necesidade de cita previa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Así o anunciou o pasado mércores o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á celebración do comité clínico que asesora ao Executivo galego no que respecta á pandemia.

Os puntos de vacinación habilitaranse nas sete grandes cidades galegas, nalgúns casos, nos centros masivos e, noutros, en lugares concretamente escollidos polas universidades para levar a cabo o proceso de inoculación.

Así, en Ferrol establecerase un punto de vacinación na Escola Politécnica Superior no Campus de Esteiro da Universidade da Coruña, onde poderán acudir tanto estudantes e persoal universitario como todos aqueles –aínda que non pertenzan ao ámbito da escola superior– que queiran recibir a vacina. Ese punto estará dispoñible entre as 09,30 e as 14,30 horas e entre as 14,30 e as 20,30 horas.

En Santiago de Compostela, vacinarase no auditorio Vidal Bolaño, entre as 9,00 e as 20,00 horas. Na Coruña, pola súa banda, a vacinación terá lugar en IFECO –ExpoCoruña–; mentres que en Pontevedra, realizarase no Recinto Feiral de Pontevedra, en quenda de mañá e tarde; e en Ourense, fronte ao edificio de Ferro –Facultade de Ciencias da Educación–.

Os universitarios de Vigo poderán acudir ao pavillón de deportes do campus, onde teñen preparadas 2.500 dose. En Lugo, habilitarase un punto de vacinación no campus universitario, concretamente, na Facultade de Veterinaria, e cuxo horario de funcionamento será de 10,30 a 13,30 horas e de 15,00 a 18,30 horas.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo un home acusado de abusos sexuais continuados a unha menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Un ano de prisión por apropiarse de equipos dunha emisora para revender en tendas de segunda man

A Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebra este mércores 28 de...

O xulgado solicita á Policía Local información e documentos sobre o ‘Saltamontes’ no que morreu un mozo en 2024

O xulgado de instrución 3 de Vigo, que investiga o accidente sucedido en agosto do...

Alento celebra o seu 25 aniversario elaborando “a tortilla máis grande da historia de Vigo”

A Asociación de Dano Cerebral Alento celebrará este sábado, 25 de maio, o seu 25 aniversario cunha festa...