InicioVigo e contornaVigoVigo repunta en contaxios e volve estar por riba dos 600 casos...

Vigo repunta en contaxios e volve estar por riba dos 600 casos activos

Os hospitalizados soben cun novo ingresado en planta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos activos de covid volven subir en Galicia por riba dos 4.000, concretamente rexístranse 4.041 infeccións, tamén os novos contaxios repuntan levemente e volven estar por encima dos 150. Ademais, a taxa de positividade é do 3,44% –por baixo do 5% que marca a OMS– e a presión hospitalaria continúa coa súa lixeira tendencia ao alivio, con seis hospitalizados menos.

Así, segundo a información notificada polo Sergas na tarde deste sábado (con datos solicitados ata o venres), nas últimas horas confirmáronse 169 novos contaxios por este coronavirus, o que supón 19 casos máis que os notificados a xornada anterior.

Por áreas, na da Coruña detectáronse 39 novos contaxios, en Santiago hai 26 casos novos; na área de Vigo notificáronse 22 contaxios. Deste xeito, a zona olívica vólvese situar como a cuarta en índice de casos activos, detrás da Coruña, Lugo e Santiago. Con todo, Vigo suma 21 infeccións máis que onte, con 602 casos.

HOSPITALIZACIÓN ESTABLE

No que respecta á presión hospitalaria, nas últimas 24 horas descenderon os pacientes ingresados por covid nos hospitais galegos, aínda que só en unidades convencionais.

Así, as unidades convencionais de hospitalización contan con 103 pacientes (seis menos que hai un día), mentres que en UCI continúan ingresados 43 pacientes: 13 na área da Coruña (-1), sete na área de Vigo (sen cambios), cinco na área de Ferrol (sen cambios), sete na de Ourense (-1), cinco pacientes en UCI na área de Pontevedra (+1) e cinco en Lugo (+1), mentres que en Santiago queda un paciente en críticos (sen cambios).

En canto ás camas ocupadas en ‘planta’, descende ou mantén o número en todas as áreas. Así, na área da Coruña son 34 os hospitalizados en planta (+5); na de Ferrol, cinco (-4); na de Pontevedra, tres (-2); na de Lugo, 15 (-2); na de Santiago, 15 (-1); na de Ourense, 13 (-3) e na de Vigo, 18 (+1).

ÚLTIMAS

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo a outro home durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 25 anos de...