InicioSociedadeUn taller gastronómico en Tui busca promocionar o turismo ao abeiro da...

Un taller gastronómico en Tui busca promocionar o turismo ao abeiro da longa tradición xudía da cidade

“Sabores de Sefarad”, a cargo do cociñeiro Javier Zafra, está dirixido a profesionais da hostalaría e a restauración tudense.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Tui, a través da Red de Juderías, e na procura da promoción turística ao abeiro do “importante” conxunto patrimonial relacionado coa presenza xudía na cidade, organiza un obradoiro práctico denominado “Sabores de Sefarad” a cargo do cociñeiro Javier Zafra. O obradoiro terá lugar o luns 13 de setembro e está dirixido exclusivamente a profesionais da hostalaría e a restauración tudense.

Javier Zafra é autor do libro que dá nome a este obradoiro, e nel o cociñeiro recolle unha escolma de receitas ou komidikas facilmente realizables. Ademais, o chef xestiona o blog (tamén do mesmo nome) que pretende ser un lugar onde compartir os pratos cociñados, experiencias culinarias e vivencias dos profesionais que traballan arredor da gastronomía sefardí.

O concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, convida aos establecementos de restauración abertos de Tui a este taller, que considera “de gran interese” para coñecer esta proposta gastronómica que ten como finalidade mellorar a oferta gastronómica e turística da cidade: “unha aspiración que nestes momentos de incerteza resulta imprescindible de acometer conxuntamente”.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...