InicioSociedade"Gais no": vándalos fan unha pintada homófoba no banco LGBTIQ+ de Salvaterra...

“Gais no”: vándalos fan unha pintada homófoba no banco LGBTIQ+ de Salvaterra do Miño

Dende o Concello sinalan que estes actos vandálicos "non teñen cabida nunha sociedade avanzada e plural como na que vivimos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O banco LGBTIQ+ , que se fixo coa participación dos alumnos e alumnas de Carpintería do IES Salvaterra, apareceu pintado nun novo acto de odio e vandalismo que tivo lugar na noite de onte.

Dende o Concello condenan estes actos de odio que “non teñen cabida nunha sociedade avanzada e plural como na que vivimos”. Dende concello, aseguran, o valor principal dunha sociedade debería ser a “tolerancia e o respecto á diversidade e as persoas”.

Estes actos vandálicos prodúcense ademais nun contexto de especial sensibilidade debido ao asesinato do mozo Samuel na Coruña, e no momento no que as autoridades deben dirimir se detrás do crime hai ou non unha motivación homóbofa.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...