InicioSociedadeA área de Vigo volve a ter unha situación de contaxios semellante...

A área de Vigo volve a ter unha situación de contaxios semellante a de hai un ano

Rexistra case 100 contaxios activos no último día.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 disparáronse en Galicia a 367, o que supón 132 máis que a xornada anterior, mentres que a taxa de positividade aumentou a un 5,8 por cento. Ademais, os casos activos seguen en ascenso e sitúanse en 2.917 –en nivel case do 26 de agosto do ano pasado– e os pacientes hospitalizados por este coronavirus descenden lixeiramente a 58 na Comunidade galega –un menos–, deles 12 continúan en UCI.

Segundo os publicados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, recollidos por Europa Press, a área de Vigo continúa sen hospitalizados en UCI pola Covid e rexistra cinco ingresados noutras unidades –un máis.

CASOS ACTIVOS EN ASCENSO

Pola súa banda, os casos activos seguen en ascenso por décimo cuarta xornada consecutiva e aumentan en 2.917, que supoñen 279 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (367) que altas (87), ao que se engade un falecemento. Con respecto ao mércores anterior –30 de xuño– hai 1.244 infeccións activas máis. Deste xeito, sitúanse en niveis similares ao 25 de agosto do ano pasado, cando había 2.879. Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan nas sete, sendo Vigo a que máis rexistra, con 93, superando xa a barreira do medio milleiro de casos e chegando a 572.

CONTAXIOS DISPARADOS

Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 disparáronse por encima dos 300 ata os 367, que supoñen 132 máis que os 235 da xornada anterior e 205 máis que fai sete días, tras arrincar esta semana con 244. Así, continúa a tendencia iniciada o xoves 24 de xuño, cos contaxios por encima do centenar. Segundo os datos actualizados por Sanidade, 107 corresponden á área de Vigo.

ÚLTIMAS

Amazon defende as súas condicións laborais no Porriño tras a convocatoria de paros polo comité de empresa

Amazon defendeu este xoves as condicións de traballo do seu centro loxístico do Porriño,...

O Pleno de Vigo aproba os nomeamentos de Medallas e Vigueses Distinguidos entre críticas á “imposición” do goberno local

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este xoves as propostas para denominar a...

O PP de Vigo esixe a Abel Caballero que aclare a situación das festas nos barrios e o futuro das atraccións

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reclamou ao alcalde, Abel Caballero, que...

Aprazado ata abril o xuízo polo alixo de 3.000 quilos de cocaína no buque ‘Simione’

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acordou suspender...