InicioSociedadeA Cidade da Xustiza de Vigo, coas plantas case finalizadas

A Cidade da Xustiza de Vigo, coas plantas case finalizadas

Serán recolocados máis de 500 traballadores xudiciais dos 38 órganos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez e Díaz-Castroverde, visitaron, entre outras autoridades, as obras da Cidade da Xustiza en Vigo, onde as plantas están xa practicamente finalizadas.

Durante a súa intervención, Rueda indicou que este mes empezou un traslado complexo que levará algúns meses, xa que na nova sede xudicial serán recolocados máis de 500 traballadores xudiciais dos 38 órganos, polo que durante uns meses convivirán o traslado e o equipamento da infraestrutura coa que culmina o Plan de Infraestruturas xudiciais autonómico, posto en marcha no ano 2009 e dotado con máis de 115 millóns de euros.

En cocnreto, renovarase os postos de traballo de 355 funcionarios, excepto os que xa o foron recentemente, que son 2 Xulgados do Social e 2 de Primeira Instancia.

Tamén será renovado o mobiliario dos despachos de todos os órganos e servizos xudiciais salvo os que foron amoblados recentemente; e procederase á renovación total de 43 despachos de maxistrados, 28 despachos de fiscais, 36 despachos de Letrados da Administración de Xustiza, 12 despachos de médicos forenses e seis despachos dos equipos psicosociais.

Alfonso Rueda puxo en valor a aposta da Xunta por Vigo e o investimento de mais de 42 millóns de euros para que este edificio volva ter uso e agora “arrinque como a gran sede xudicial que Vigo e comarca necesitan. “Un exemplo de infraestrutura moderna, funcional e segura. Un exemplo a seguir no que se refire ao compromiso da Xunta coas infraestruturas xudiciais”, resumiu.

UNHA GARDARÍA PARA FACILITAR A CONCILIACIÓN

Unha vez finalizadas as obras, a Cidade da Xustiza unificará nun só edificio os órganos xudiciais da cidade, ao acoller nos seus 44.000 metros cadrados 38 unidades xudiciais xunto coa Fiscalía de Área, as 2 seccións da Audiencia Provincial e a subdirección do Instituto de Medicamento Legal (Imelga).

En total, trasladaranse máis de 500 traballadores da Administración de Xustiza, que terán á súa disposición unha gardaría de 41 prazas para facilitar a súa conciliación laboral e familiar.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...