InicioSociedadeA Universidade de Vigo aposta por retomar a presencialidade total o próximo...

A Universidade de Vigo aposta por retomar a presencialidade total o próximo curso

Só haberá clases a distancia se os espazos ou as condicións sanitarias derivadas da pandemia non permiten acudir ás aulas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O consello de goberno da Universidade de Vigo aprobou retomar unha modalidade totalmente presencial para o próximo curso escolar 2021-2022, agás nos casos nos que os espazos ou as condicións sanitarias derivadas da pandemia non o permitan.

Nunha sesión celebrada este venres, o consello de goberno abordou as medidas para o próximo curso escolar, durante o que a modalidade mixta ou non presencial só se aplicará en situacións puntuais e de curta duración, como casos nos que se detecten gromos ou peches na localidade na que se sitúe un centro docente.

Tamén será posible unha modalidade que non implique a presencialidade total en titulacións, cursos ou materias nos que a capacidade dos espazos docentes que calcule a Unidade Técnica non o permitan. En todo caso, a normativa adaptarase ás medidas sanitarias establecidas.

Por outra banda, deuse luz verde ás contas anuais de 2020 e o nomeamento do director científico do CICbiomaGUNE, Luís Liz Marzán, como investigador distinguido da universidade, na que desenvolveu parte da súa traxectoria.

FINANCIAMENTO

Así mesmo, o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, confiou en que as universidades galegas e a Xunta alcancen un acordo sobre o próximo Plan de financiamento antes de setembro, así como en que se produza o máximo consenso en relación co mapa de titulacións.

Adicionalmente, Reigosa avanzou a próxima apertura ao público do edificio situado no Berbés, que acollerá varios servizos prestados no campus universitario a partir de setembro.

Tras fracasar unha primeira negociación do servizo de mediación para desbloquear o conflito xerado pola proposta do Máster en Exercicio Terapéutico en Funcional en Fisioterapia entre as facultades de Fisioterapia, promotora do título, e a de Ciencias da Educación e do Deporte, realizarase unha segunda mediación. Do mesmo xeito, encargarase un informe a unha asesoría externa especializada.

ÚLTIMAS

Piden catro anos de prisión para dous acusados de tráfico de drogas

A Fiscalía pide 4 anos de cárcere para dúas persoas acusadas de tráfico de...

Roubou un coche e levou a unha nai e os seus fillos: Fiscalía solicita penas severas en Vigo

A Fiscalía solicita 16 anos e 8 meses de prisión para un home acusado...

Derrube dunha bancada en Gondomar durante un partido provoca varios feridos

No operativo participaron os profesionais de Urxencias SaniVarias persoas resultaron feridas tras ceder un muro...

Varios feridos, entre eles un xogador, tras ceder un muro das gradas no campo de fútbol do Gondomar

Un partido de fútbol cadete entre o Gondomar CF e o Val Miñor rematou...