InicioSociedadeOs pacientes do Álvaro Cunqueiro poderían recibir comida do HULA

Os pacientes do Álvaro Cunqueiro poderían recibir comida do HULA

A cociña do Hospital Lucus Augusti podería ser a encargada da suministración de menús ao hospital vigués.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O deterioro na infraestrutura da cociña do Álvaro Cunqueiro, hospital de nova construción e que foi inaugurado no ano 2015, provocou a necesidade de actuar urxentemente en varios espazos do recinto e que obriga á empresa concesionaria do hospital a ter que cerrar a instalación este verán, entre xullo e setembro.

Unha nota de prensa de CIG denunciou na primera semana do mes de xuño que a concesionaria do Álvaro Cunqueiro, a empresa catalana Arcasa, tomara a decisión de cubrir as necesidades de produción da cociña do hospital vigués dende Zaragoza e que a comida sería transportada en camións dende a capital aragonesa.

A denuncia do sindicato causou malestar na administración galega e na xerencia clínica do hospital vigués que, segundo fontes do sindicato, “aseguráronnos que se enteraron por nós da decisión da concesionaria”. A día de hoxe, a CIG non coñece se houbo un cambio definitivo de estratexia, aínda que “hai rumores de que a comida podería vir do Lucus Augusti”, explicou a Efe María do Tránsito Fernández, Secretaria Nacional de Cig Servicios.

Ademais, CIG-Saúde remitirá un escrito ao presidente da Xunta e ao conselleiro de Sanidade para reclamar a reversión da cociña do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e do seu persoal, despois de que o servizo se tivese que “paralizar” para a realización de obras de mellora “só 6 anos despois” da inauguración do hospital.

A COCIÑA DO HULA

Responsables de cociña e nutrición do Álvaro Cunqueiro visitaron nos últimos días o HULA en donde puideron comprobar de primera man o funcionamiento da cociña deste hospital público. Dende a Xunta de Galicia explican que o asunto se está estudando e todo apunta a que se resolverá nunha reunión do Consello da Xunta de Galicia, que podría ser o de mañá. A tarefa implica unha importante labor de loxística e de traballo que desenvolverá o persoal de cociña do HULA xa que terá que producir prácticamente tres veces máis do que cociñaba ata agora, segundo apuntan a Efe fuentes do hospital en Lugo.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...