InicioSociedadeO conselleiro de Sanidade recibe en Vigo a segunda dose da vacina...

O conselleiro de Sanidade recibe en Vigo a segunda dose da vacina contra a covid-19

Galicia está preto de alcanzar o millón de persoas con pauta completa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, recibiu na mañá de sábado no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) a segunda dose da vacina de Pfizer contra a covid-19.

Así o confirmou a Consellería, que a través do seu perfil de Twitter destaca que se está “preto de alcanzar o millón de galegos con pauta completa”. “Seguimos traballando cara á nova normalidade, pero sempre con ‘sentidiño'”, agrega.

García Comesaña, nado en 1968, recibira a primeira inxección o pasado 29 de maio, polo que este sábado, ao cumprirse tres semanas, foi convocado para que lle administrasen a segunda.

Este sábado, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) citou para vacinar unhas 41.000 persoas, máis de 11.800 en Vigo.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...