InicioSociedadeO BNG de Vigo esixe unha auditoría das depuradoras e denuncia "cheiros...

O BNG de Vigo esixe unha auditoría das depuradoras e denuncia “cheiros insoportables” en Coruxo

Critica que a dirección da EDAR "ignorou as queixas dos veciños".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo reclamou ao goberno municipal que realice auditorías sobre o funcionamento das estacións depuradoras da cidade e, en concreto, denunciou “cheiros insoportables e irrespirables” na parroquia de Coruxo (onde se sitúa a EDAR do Lagares), segundo trasladan os propios veciños.

O concelleiro nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, contactou coa Asociación de Veciños de Coruxo e criticou a actitude da dirección da EDAR de Coruxo, “que se negou a atender aos veciños” e “ignorou as súas queixas” ata que chegou a Policía Local, negándose a recoñecer os malos cheiros. Así mesmo, censurou tamén “a inacción do Goberno municipal, que non deu a cara nin ningunha explicación ata o momento”.

Por esta situación, o BNG vai solicitar ao goberno local información detallada sobre o sucedido e ter acceso ao atestado policial, así como ao rexistro de emisións co que a propia depuradora monitora o seu funcionamento.

Pérez Igrexas subliñou a necesidade de facer unha “auditoría técnica” para valorar o funcionamento desta depuradora e outras da cidade, co fin de resolver posibles incidencias e “garantir o estrito cumprimento dos estándares ambientais”. ”

Levamos meses denunciando as incidencias na EDAR, en forma de alivios de auga sen depurar con demasiada frecuencia, no caso de Teis, e agora, con este novo capítulo de malos cheiros en Coruxo”, sinalou o concelleiro, que engadiu que “non é aceptable que os veciños de Coruxo volvan pagar as consecuencias do mal funcionamento da depuradora”.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...