InicioSociedadeBanco de Alimentos de Vigo celebra este fin de semana a súa...

Banco de Alimentos de Vigo celebra este fin de semana a súa primeira Operación Quilo presencial tras “o parón” polo covid

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo celebrará este fin de semana a primeira Operación Quilo presencial en supermercados tras “o parón de máis dun ano” a consecuencia da pandemia por covid-19, campaña que tamén contará coa posibilidade de realizar doazóns virtuais ao pasar por caixa.

Segundo informou a Fundación, a recollida celebrarase este venres e sábado en 25 supermercados Gadis da provincia de Pontevedra. En total, participarán 300 voluntarios: 190 en Vigo, 50 en Pontevedra, 24 en Lalín, 12 en Marín, 10 en Mos e 10 en Nigrán.

A ONG, que agradeceu a implicación dos participantes, puxo en valor o “gran esforzo” realizado para que o regreso presencial dos voluntarios aos supermercados “leve a cabo dunha maneira segura e con todas as medidas de hixiene óptimas en tempos de pandemia”.

En 2020 a Fundación repartiu máis de 2 millóns de quilos de alimentos, o que supón un 17 por cento máis que no ano previo –300.000 quilos de alimentos máis–, o que asociou ao “estalido da pandemia e as súas consecuencias”. Neste sentido, manifestou que, co avance da crise sanitaria, tamén se incrementou o número de persoas sen recursos atendidas na provincia de Pontevedra nun 25 por cento.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...