InicioSociedadeVolven enterrar o corpo de Déborah Fernández tras practicarlle novas probas en...

Volven enterrar o corpo de Déborah Fernández tras practicarlle novas probas en busca de pistas sobre a súa morte

A familia da moza confirmou que se recolleron restos biolóxicos do corpo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A familia da viguesa Déborah Fernández-Cervera, cuxo corpo sen vida apareceu en 2002 nunha cuneta do Rosal uns días despois da súa desaparición, volveu enterrar a moza este mércores, transcorrida unha semana desde que se procedeu á súa exhumación para practicarlle novas probas en busca de posibles indicios que arroxen luz sobre a súa morte.

A exhumación dos restos da moza tivo lugar o pasado martes, 18 de maio, no cemiterio de Pereiró, onde estiveron presentes membros da familia, os seus avogados e peritos de parte, así como forenses do Imelga e a secretaria do xulgado de instrución de Tui.

Nestes días, os restos de Déborah Fernández-Cervera foron sometidos a diversas probas en busca de, entre outras pistas, posibles fracturas nalgún óso do corpo (no seu día só se radiografiou o cadáver de pescozo para arriba) ou restos de ADN baixo as unllas.

A familia da moza confirmou que se recolleron restos biolóxicos do corpo, os cales estan a ser analizados. Agora, atópanse con “incerteza absoluta” e están “pendentes de resultados”.

INVESTIGACIÓN

Déborah Fernández-Cervera desapareceu en 2002, cando tiña 21 anos de idade, despois de saír da súa casa para facer deporte pola zona viguesa de Samil. O seu cadáver foi localizado varios días despois, rodeado de pistas falsas, nunha cuneta do Rosal, e nunca houbo ninguén detido nin formalmente investigado por este crime.

A familia denunciou en múltiples ocasións que a investigación desta causa foi unha “chapuza en moitos aspectos” e pediu axilizar os trámites, dado que tan só resta un ano para que prescriba o caso e, por tanto, unicamente queda “un ano para esclarecer o que puido ocorrer”.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...