
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) convoca cribados esta semana no concello de Mos, que pertence á Área Sanitaria de Vigo e conta con nivel alto de restricións debido á incidencia da Cocid-19.
Segundo informou a área Sanitaria de Vigo, este mércores un equipo de profesionais sanitarios desprazarase a Mos onde están citadas unhas 5.000 persoas para unha proba PCR no Pavillón Óscar Pereiro.
Así mesmo, este sábado, 29 de maio, está prevista a realización dun cribado aos traballadores e usuarios do centro Leroy Merlin no mesmo concello de Mos.
Mos conta con limitación de reunións de persoas convivientes en espazos privados entre a 1,00 e as 6,00 horas; no concello non está permitido o consumo no interior dos establecementos de hostalaría e restauración e a ocupación das terrazas destes locais ascende a un 50%.