InicioSociedadeUn ano máis con máis bandeiras azuis

Un ano máis con máis bandeiras azuis

Vigo acumula dez areais con esta distinción.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As praias galegas recibiron este ano un total de 111 bandeiras azuis, o que supón catro máis que as outorgadas o ano pasado, aínda que, en cifra global, Galicia cae ao terceiro posto entre comunidades, superada nestes distintivos tanto pola Comunidade Valenciana, como o pasado ano, como por Andalucía.

Na edición 2021 solicitaron estas distincións 115 praias galegas, unha máis que o ano anterior, e recibíronas 111, catro máis. Correspóndense con 34 municipios, dos que 14 están na Coruña, 12 en Pontevedra e oito en Lugo.

SANXENXO, Á CABEZA

En canto ás provincias galegas, é a de Pontevedra a que obtén, un ano máis, o maior número de bandeiras azuis, con 58 –sobe seis–; seguida da Coruña, con 35 –dous menos– e Lugo, que mantén as 18.

Por municipios, destaca especialmente Sanxenxo, que, con 17 bandeiras azuis ondeando nos seus areais, continúa sendo o municipio de Galicia e de toda España con máis distincións deste tipo.

Así mesmo, na provincia de Pontevedra contan con bandeira azul 10 praias de Vigo –entre elas a de Rodas, en Illas Cíes–, sete de Cangas, seis de Baiona, cinco de Marín, catro de Bueu, dous da Guarda, A Illa e Vilagarcía e unha de Moaña, Poio e Ponte Caldelas –neste caso, de interior, a praia fluvial A Calzada–.

PORTOS DEPORTIVOS

Noutra orde de cousas, tamén obtiveron bandeira azul en Galicia un total de 11 portos deportivos, un menos que o ano anterior. Por provincias, cinco deles están en Pontevedra –Monte Real Club de Iates de Baiona, Porto Deportivo de Cangas, Real Club Náutico de Sanxenxo, Club Náutico Portonovo e Porto Deportivo Juan Carlos I de Sanxenxo–.

Finalmente, foron galardoados 13 ‘centros azuis’ –seis en Pontevedra,  a Senda Litoral da Guarda, a Senda Perimetral Bao-Xastela da Illa, o Carreiro Litoral de Baiona, o Carreiro de Cabo Udra de Bueu, o Roteiro de Donón en Cangas, a Rede de Carreiros Azuis de Marín, o Carreiro do Río Verdugo de Ponte Caldelas, a Rede de Carreiros de Sanxenxo e a Rede de Carreiros de Vigo.

ÚLTIMAS

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...

Stellantis Vigo prorroga o ERTE para 2026 con división sindical

A dirección da factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis e sindicatos asinaron este venres...

A Policía alerta dunha vaga de ciberestafas con criptomoedas en Vigo e Redondela: vítimas con perdas de ata 2 millóns

A Policía Nacional alertou sobre o aumento de ciberestafas relacionadas co investimento en criptomoedas...