InicioSociedadeConfinado outro buque no Porto de Vigo tras detectarse oito positivos na...

Confinado outro buque no Porto de Vigo tras detectarse oito positivos na tripulación

É un buque con bandeira de Bahamas e que atracou en Vigo procedente de Reino Unido.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Sanidade confirmou o confinamento doutro buque, o ‘Emerald Leader’, no Porto de Vigo, tras detectarse oito casos positivos de Covid-19 na súa tripulación. Fontes do Sergas explicaron que a tripulación, formada por 23 persoas, permanece illada no barco, e entre eles están os casos positivos de coronavirus, que están asintomáticos.

Os contaxios foron confirmados polo laboratorio VithasLab e o barco xa foi posto en corentena antes da atracada. Ademais, Sanidade sinalou que o laboratorio de Microbioloxía do Chuvi está secuenciando 4 mostras destes pacientes para determinar con cal variante están contaxiados.

O Emerald Leader é un buque ro-ro con bandeira de Bahamas e que atracou en Vigo procedente de Reino Unido. Segundo os datos que manexa o Porto olívico, o barco tiña como seguinte escala o porto de Sagunto (Valencia).

Ademais deste buque, outro ro-ro permanece illado na terminal olívica, o ‘Prometheus Leader’, en cuxa tripulación se confirmaron sete contaxiados por Covid-19, coa variante india do virus. Do total de afectados deste cargueiro, hai catro persoas hospitalizadas, unha das cales está ingresada na UCI.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...