InicioSociedadeVigo e sete concellos da área seguen con algún tipo de restricións

Vigo e sete concellos da área seguen con algún tipo de restricións

Gondomar e Salceda seguen en nivel alto de restricións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Varios concellos da área de Vigo terán algún tipo de restricións esta semana, mentres que Vigo continúa con nivel medio de restricións despois de dúas semanas. Así o decidiu o comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19 que engadiu tamén a Cambados entre os concellos co nivel máximo de restricións no que continúan Vilanova de Arousa, Cualedro e Laza.

Deste xeito, en nivel alto de restricións estarán os concellos da Merca, A Pastoriza, Marín, Gondomar, Salceda de Caselas, Padrón, Mesía, Ribeira, Coristanco e A Laracha.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos termos municipais de Carballeda de Valdeorras, Verea, Muíños, Verín, Xinzo de Limia, Allariz, Toén, Chantada, Meira, Cerdedo-Cotobade, Vilagarcía de Arousa, Soutomaior, Fornelos de Montes, Cangas, O Porriño, Tui, Vigo, Nigrán, Lalín, Silleda, Noia, Melide, Ordes, Carballo, Betanzos e Cambre

No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 7 de maio.

ÚLTIMAS

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...