InicioSociedadeConfirman que 3 das mostras de Covid dos tripulantes dun barco illado...

Confirman que 3 das mostras de Covid dos tripulantes dun barco illado en Vigo son da variante india

Esta variante é "sensible ás vacinas".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Sanidade confirmou este sábado que tres das cinco mostras de Covid-19, pertencentes a tripulantes do buque ‘Prometheus Leader’ (que permanece en corentena no porto de Vigo) correspóndense coa denominada variante india do virus.

Segundo informou o Sergas, o Servizo de Microbioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro detectou a presenza da variante india en 3 das 5 mostras analizadas de tripulantes contaxiados.

Trátase da variante B1.617, subvariante 2, que, segundo Sanidade, “é sensible á vacina“. “Por tanto, neste momento, este brote está localizado e controlado”, sinalaron as mesmas fontes.

O barco ‘Prometheus Leader’, con bandeira de Singapur, permanece atracado no peirao de transatlánticos do Porto de Vigo desde principios de semana, despois de que desen positivo por Covid 6 dos seus 22 tripulantes.

O Sergas decidiu realizar a secuenciación xenómica de mostras de cinco dos afectados, polo seu perfil clínico e por ser persoas procedentes de India. Agora os estudos desvelaron que tres casos se corresponden coa variante india. Do total de tripulantes infectados hai dous que tiveron que ser hospitalizados, e que permanecen “estables” en planta do Hospithal Vithas de Vigo. O resto de contaxiados presentan síntomas leves ou son asintomáticos.

ÚLTIMAS

Traballadoras de Protección e Reforma de Menores concéntranse ante a delegación da Xunta para reclamar condicións laborais dignas

Traballadoras do servizo de Protección e Reforma de Menores concentráronse este martes, convocadas polo...

Renuncia por motivos de saúde o concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade de Redondela, Iván Valles

O concelleiro socialista do Concello de Redondela, Iván Valles, presentou a renuncia ao seu cargo...

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

A conexión mediante o Tren Celta a entre Vigo e O Porto volverá a funcionar a partir de decembro

O Eixo Atlántico informou de que o Tren Celta, que une as cidades de...