InicioSociedadeBaixa a presión hospitalaria na área de Vigo pero seguen aumentando os...

Baixa a presión hospitalaria na área de Vigo pero seguen aumentando os casos

Xa son cae 900 os casos activos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

presión hospitalaria mantén a tendencia ascendente e os pacientes Covid ingresados aumentan ata os 220, o que supón seis máis que a xornada anterior, e os casos activos volven incrementarse lixeiramente, ata os 3.022, mentres os novos contaxios deste coronavirus caen a 127. Iso o día despois de que Feijóo apuntara que Galicia superou xa a cuarta onda.

Segundo os datos actualizados ata a mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste luns, aumentan a 46 os pacientes Covid en UCI en Galicia, un máis, e ascenden a 174 os que permanecen noutras unidades, cinco máis. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en catro, pero non na de Vigo, onde aumentan a nove os críticos –un máis– e caen a 37 os doutras unidades –dous menos-.

MÁIS CASOS ACTIVOS

En canto ás infeccións activas, tras o lixeiro descenso do inicio desta semana, volveron a ascender ata situarse en 3.022, que supoñen sete máis, ao haber máis contaxios (127), que altas (118), aos que se suman dous falecidos. Os casos activos soben en 18 na área de Vigo que segue á cabeza con case 900 contaxiados -894–.

MENOS CONTAXIOS

Pola súa banda, os novos contaxios detectados con calquera tipo de proba no conxunto en Galicia descenden a 127 tras arrincar esta semana con 159, despois de varias xornadas por encima dos 200. Dos novos positivos, 101 foron confirmados por PCR nas últimas 24 horas en Galicia, dos que 27 corresponden á área de Vigo.

En canto á taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por test PCR realizados– mantense por baixo do dous por cento en Galicia cun 1% tras baixar a un 1,8% no inicio desta semana, polo que continúa sen superar o 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...

Vigo desbloquea a tramitación urbanística para a nova Praza de España

A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo aprobará definitivamente o vindeiro martes os...