InicioSociedadeDetido o condutor implicado no accidente no que morreron unha nai e...

Detido o condutor implicado no accidente no que morreron unha nai e os seus dous fillos en Salceda

Trátase dun home de 32 anos que permanecía ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro por mor das lesións sufridas no accidente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O condutor implicado no accidente entre dous vehículos no que faleceron unha nai e os seus dous fillos en Salceda o pasado mes foi detido pola Garda Civil.

Fontes da Benemérita confirmaron que a detención tivo lugar este venres, despois de que este home, A. L., de 32 anos de idade, que permanecía ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo por mor das lesións derivadas do accidente, recibise o alta.

Tras explicarlle os seus dereitos, acordouse co Xulgado de Primeira Instancia e Instrución 1 de Porriño, que investiga o suceso, permitir a súa posta en liberdade dadas as secuelas que presenta debido ao accidente. Así, este home permanece pendente de que o xulgado o chame a declarar.

En concreto, atribúenselle tres delitos de homicidio por imprudencia grave e un delito contra a seguridade viaria, xa que deu positivo nas probas de alcoholemia que se lle practicaron tras o accidente.

ÚLTIMAS

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...

Dous detidos nun operativo contra un punto de venda de drogas en Vigo

Axentes da UDYCO da Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela detiveron a dous homes...

Denuncian o “desmantelamento” do servizo de deportes de Vigo: “Imos á privatización total”

O comité de persoal laboral do Concello de Vigo denunciou o "desmantelamento" do servizo...