InicioSociedadeVigo entra no nivel medio de confinamento

Vigo entra no nivel medio de confinamento

Tamén están Cangas, Gondomar e Ponteareas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia decidiu na súa reunión deste martes que os concellos do Grove (Pontevedra), A Pobra (A Coruña) e Carballeda e Cualedro (Ourense) continúen con máximas restricións na loita contra a covid-19.

O órgano de expertos, sinala un comunicado, determinou o nivel alto para as localidades de Marín, Meaño, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Padrenda, Cortegada, O Barco, Rubiá, Lobeira, Muíños, Petín, Meira, Ribeira e Cambre.

As medidas de nivel medio estarán en Trabada, Barreiros, Lobios, Cartelle, Cambados, Catoira, Vilagarcía de Arousa, A Illa, Meis, Sanxenxo, Cangas, Gondomar, Ponteareas, Vigo, Boiro, Rianxo, Carral, Muxía, As Pontes de García Rodríguez e Ortigueira.

O resto de núcleos seguirán no nivel medio baixo. Todas estas medidas, indica a nota, entrarán en vigor ás 00:00 horas do próximo venres

ÚLTIMAS

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...