InicioSociedadeO Concello de Salceda ameaza con demandar a Telefónica para que retire...

O Concello de Salceda ameaza con demandar a Telefónica para que retire un poste contra o que chocou un coche

Afirma que foi colocado "sen a pertinente licencia municipal" e nunha curva de pouca visibilidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Salceda de Caselas ameaza con emprender accións xudiciais contra Telefónica para que retire un poste, colocado “sen a pertinente licencia municipal” e nunha curva de pouca visibilidade, despois de que un coche chocase contra el.

Oo goberno local confirma que xa deu traslado ao seu departamento xurídico da situación deste poste situado na estrada Portela-Maceira.

Segundo relata o Concello, o pasado verán, cando xa estaba aprobado un proxecto de mellora para esta vía, Telefónica procedeu a instalar esta nova liña na zona de actuación das obras e “sen a pertinente licencia municipal”.

A administración local deuse conta da existencia do poste cando quixo iniciar os traballos en outubro. Entón, envioulle unha comunicación á empresa para solicitar a súa retirada e incidindo no “perigo” da súa localización, xa que despois do ensanche da estrada o poste quedaba colocado tras unha curva con pouca visibilidade.

Así, como dita petición “non foi atendida”, o Concello tivo que acabar a obra deixando na zona do asfalto mentres “se seguía reiterando a petición” a Telefónica.

Agora, a administración local anuncia que demandará á compañía despois de que un vehículo chocase co poste e a imaxe correse polas redes sociais “facendo responsable ao Concello” polo ocorrido.

Ante este suceso e co obxectivo de evitar que se produza outro accidente, o Consistorio volveu a reforzar a sinalización no lugar e informou da situación ao seu departamento xurídico para que traballe nas accións legais que se poidan levar a cabo.

“Xa noutras ocasións tardouse meses por parte de Telefónica en mover algúns postes en situacións similares, polo que desde o Concello está a buscarse a mellor solución para que isto non volva ocorrer”, conclúe.

ÚLTIMAS

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...