InicioVigo e contornaRedondelaRedondela lembra os republicanos asasinados cun monumento

Redondela lembra os republicanos asasinados cun monumento

O conxunto escultórico foi elaborado pola Escola de Cantaría da Deputación de Pontevedra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concello de Redondelarende homenaxe, desde este mércores, á memoria das persoas asasinadas por defender a República, cun monumento elaborado pola Escola de Cantaría da Deputación de Pontevedra, e que foi instalado no Alto da Concheira.

Ao acto de inauguración do conxunto escultórico (formado por tres siluetas humanas de granito cun buraco no peito) asistiron a alcaldesa deste concello, a socialista Digna Rivas, e o deputado provincial de Cooperación, Santos Héctor Rodríguez, así como representantes do Colectivo Republicano de Redondela, do Seminario de Estudos Redondeláns e da Asociación Fernando Monroy, de Cesantes.

Esta homenaxe coincidiu co 90 aniversario da proclamación do II República, e fíxose nun lugar no que foron asasinadas 21 persoas (a metade das que foron asasinadas en diferentes lugares deste concello, segundo asociacións pola memoria histórica).

Ademais, desde o Alto pode verse tamén a Illa de San Simón, que serviu como cárcere durante o franquismo e acolleu 6.000 persoas represaliadas polo réxime do ditador Franco. De feito, o Concello de Redondela declarou este 2021 como ‘Ano das Mulleres da Illa de San Simón’, en homenaxe ás coñecidas como ‘madriñas’, as mulleres que se ocupaban da roupa dos presos e utilizaban todo tipo de artimañas para facerlles chegar comida, medicamentos ou cartas.

Digna Rivas sinalou que Redondela “tiña unha débeda” cos colectivos de memoria histórica e coas familias que sufriron a represión franquista, e fixo especial mención ás ‘madriñas’, mulleres “valentes” que puxeron en funcionamento “unha rede solidaria” xogándose a súa vida e a dos seus seres queridos.

Así, o Concello inaugurará o próximo 23 de abril unha exposición fotográfica “para sacalas da invisibilidade e darlles o recoñecemento que merecen”. A mostra poderá visitarse primeiro na Alameda e logo viaxará a todas as parroquias.

ÚLTIMAS

O TSXG dá a razón ao Concello de Vigo no caso do concerto de Guns N’ Roses e evítalle pagar 1,5 millóns á promotora

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso presentado polo Concello...

Caballero carga contra Rueda polo ‘non’ á Facultade de Medicina en Vigo: “Defende un privilexio feudal”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu arremeter este luns contra o presidente da...

Recollen xa o 75% do aceite de palma vertido no porto de Vigo

O dispositivo de limpeza posto en marcha tras o vertido duns 100.000 litros de...

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...