InicioSociedadeZona Franca de Vigo entrega as chaves de seis locais para a...

Zona Franca de Vigo entrega as chaves de seis locais para a apertura dunha escola infantil

En concreto, a nova escola establecerase en seis locais, cunha superficie total de 318 metros cadrados, con 75 de zona exterior.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades, entregou á empresa Trastes as chaves de seis locais propiedade do Consorcio no Polígono da Granxa, no Porriño, para a apertura dunha escola infantil.

A este acto, celebrado na mañá deste luns, tamén asistiron a alcaldesa, Eva García de la Torre; o presidente da Entidade Urbanística de Conservación, Indalecio Cuevas, e o seu xerente, David Sobral; así como responsables da empresa, dirixida por Beatriz Cabaleiro.

En concreto, a nova escola establecerase en seis locais, cunha superficie total de 318 metros cadrados, con 75 de zona exterior. En total, ofreceranse 74 prazas para nenos de 0 a 3 anos, e servizos complementarios a menores de entre 3 e 8 anos.

A duración do contrato será de 15 anos e “de maneira inmediata” levará a cabo a adecuación das instalacións. O obxectivo é “pór en marcha a escola infantil no menor tempo posible”.

Neste contexto, Regades trasladou o seu “total apoio” a este proxecto, que considera “fundamental para que a xente que acode a diario a traballar na Granxa poida conciliar a vida familiar e a laboral”. Á súa vez, a rexedora tamén incidiu en que as institucións públicas deben “favorecer a conciliación”.

ÚLTIMAS

O francés Adrien Loron e a chilena Fernanda Gildemeister, vencedores do MTB Downtown no Marisquiño

Marisquiño 2026 proclamou este domingo os gañadores de todas as competicións da súa XXVI...

O Marisquiño chega o seu final cun domingo decisivo para os títulos deportivos e o concerto de L0rna

A 26ª edición do festival de deportes e música urbana O Marisquiño chega ao...

Recuperar Vigo para a cidadanía

Hai cidades que avanzan porque son capaces de aproveitar o talento colectivo da súa...

Deteñen en Vigo unha muller tras agredir á súa parella

A Policía Local de Vigo detivo o pasado mércores a unha muller por supostamente...