InicioSociedadeSoben os hospitalizados con covid, pero baixan os casos activos

Soben os hospitalizados con covid, pero baixan os casos activos

Mantense o mesmo número de pacientes na UCI, pero soben noutras áreas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia inicia esta semana cunha repunta da presión hospitalaria, ao aumentar a 185 os pacientes Covid ingresados, o que supón 13 máis que a xornada anterior, e os casos activos seguen en aumento e sitúanse en 2.316, mentres que os novos contaxios descenden a 126.

Segundo os datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, soben a 30 os pacientes Covid na UCI de Galicia, tres máis, e ascenden a 155 os que permanecen noutras unidades, dez máis.

En concreto, os pacientes con coronavirus hospitalizados aumentan en seis das sete áreas sanitarias galegas. Así, na de Vigo mantéñense seis en UCI e soben a 29 os doutras unidades –dúas máis–.

MÁIS CASOS ACTIVOS

Por cuarta xornada consecutiva os casos activos de Covid-19 aumentan en Galicia, aínda que esta vez lixeiramente, ata os 2.316, o que supón 11 máis, ao haber máis contaxios (126) que altas (115). Por áreas sanitarias, baixan nas de Vigo (-15). Deste xeito, á cabeza mantense a da Coruña e Cee, con 616 casos activos; seguida da de Vigo, con 599.

MENOS CONTAXIOS

Tras superar a barreira dos 200 novos contaxios este pasado sábado e descender a 174 este domingo, Galicia arrinca esta semana con 126 detectados por calquera tipo de proba. Deses, 113 son positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, dos que 12 corresponden á área de Vigo.

En canto á taxa de positividade, descendeu a un 1,8 por cento en Galicia, tras ascender ao 3% a xornada anterior, polo que se por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Un camión en chamas na AP-9 provoca retencións quilométricas á entrada de Vigo

Un camión incendiouse este luns na autoestrada AP-9, á entrada de Vigo, provocando retencións...

“Máis recursos e menos discursos”, resposta Feminista chama a mobilizarse o 25N en Vigo

O colectivo Resposta Feminista presentou este luns en Vigo a manifestación que convocan con...

Investigado un octoxenario por unha agresión sexual a unha muller nun local de hostalaría en Mos

A Garda Civil, a través do Posto Principal de O Porriño e do Equipo...