InicioVal MiñorGondomarConvocadas oposicións a auxiliar de policía local en varios concellos

Convocadas oposicións a auxiliar de policía local en varios concellos

Entre eles os da Guarda, Cangas, Gondomar, Salceda de Caselas e Tomiño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia abriu este xoves o proceso selectivo para cubrir 104 prazas de auxiliares de policía local en 27 concellos galegos, tal e como publicou a través do Diario Oficial de Galicia (DOG).

A orde do DOG recolle as bases reguladoras do procedemento, que será de oposición por quenda libre e permitirá, aos que a superen, ser contratados en réxime laboral temporal nalgún dos municipios que convocaron prazas ou formar parte da lista de reserva.

Os aspirantes deben ter cumpridos os 18 anos e posuír un título de graduado en educación secundaria ou equivalente. Outro dos requisitos é ter unha estatura mínima de 1,65 metros no caso dos homes, e 1,60 metros para as mulleres.

Segundo informou a Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo nun comunicado, para superar o proceso selectivo, será necesario realizar probas de aptitude física e contestar un cuestionario tipo test, ademais de acreditar o seu coñecemento de galego.

Ademais, tanto os aspirantes aprobados como os incluídos na lista de reserva, deberán superar un curso de formación teórico-práctica na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), “requisito indispensable para ser contratados como auxiliares de policía local”.

Os concellos que convocaron prazas son A Cañiza, A Estrada, A Guarda, A Laracha, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Cambados, Cangas, O Carballiño, Cedeira, Fene, Gondomar, Malpica de Bergantiños, Meaño, Miño, Mugardos, Noia, O Barco de Valdeorras, O Grove, Ortigueira, Poio, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Tomiño, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

O prazo de presentación de solicitudes, que se enviarán preferiblemente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), será de dez días hábiles.

ÚLTIMAS

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...

O xurado considera culpable de asasinato ao autor do crime de Coia pero ve atenuantes e as acusacións rebaixan penas

O tribunal de xurado encargado de axuizar o chamado crime de Coia, en Vigo,...

O TSXG esíxelle ao Concello de Vigo que o Nadal non perturbe a tranquilidade dunha veciña

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou a continuación da execución da...

Vigo creará un Observatorio da Vivenda coa UVigo e unha empresa pública para crealas

O Concello de Vigo aprobará a próxima semana un convenio con Universidade olívica para...