InicioSociedadeSoben os hospitalizados e os casos UCI con covid na área de...

Soben os hospitalizados e os casos UCI con covid na área de Vigo

Soben os novos contaxios en 43.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os pacientes ingresados nos hospitais galegos por covid-19 aumentaron este venres ata os 212 –9 máis–, dos que 30 permanecen en UCI –dúas máis– e 182 noutras unidades. O incremento de hospitalizados prodúcese nunha xornada na que ascenden lixeiramente os novos casos detectados, ata os 154, segundo os datos actualizados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade.

Na da Coruña e Cee permanecen os mesmos pacientes ingresados en UCI que un día antes –14– mentres que soben a 64 os de planta –7 máis–. A seguinte área con máis persoas hospitalizadas é a de Vigo, na que un total de 6 persoas –unha máis– están na UCI e 48 noutras unidades –cinco máis–.

MENOS CASOS ACTIVOS

De acordo con estes datos, os casos activos en Galicia sitúanse en 2.306, 34 menos que un día antes. En canto ás áreas sanitarias, con estes publicados este venres pola Consellería de Sanidade coas cifras actualizadas ás 18,00 horas do día 1, A Coruña e Vigo mantéñense como as que rexistran máis casos activos, 752 e 621, respectivamente. Pola súa banda, os casos activos baixan na de Vigo 621, o que supoñen seis persoas menos.

NOVOS CONTAXIOS

Dos novos contaxios, 139 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, dos que 43 correspóndense coa área de Vigo; 37 coa da Coruña; 18 coa de Santiago; 14 coa de Lugo; 13 coa de Ourense; 11 coa de Pontevedra e tres coa de Ourense.

No relativo á taxa de positividad mantense nun 1,9%, de forma que continua por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) sinala para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...