InicioSociedadeO novo xulgado do Social de Vigo entrará en funcionamento o mércores

O novo xulgado do Social de Vigo entrará en funcionamento o mércores

Tamén o farán os de Lugo e A Coruña.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os novos xulgados do Social da Coruña, Vigo e Lugo entrarán en funcionamento o mércores, día 31, segundo explicou o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, nunha visita ás dependencias do xulgado do Social número 7 da Coruña, que estará situado na antiga Audiencia Provincial.

Á visita, asistiron tamén o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, e o delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor.

“Os xulgados sociais son os que teñen máis sobrecarga de asuntos”, afirmou Juan José Martín, quen lembrou que A Coruña conta agora mesmo con seis xulgados do Social e “hai dous reforzos compostos por xuíces e letrados da Administración de Xustiza e dez funcionarios da Xunta”.

Ademais do xulgado da Coruña, tamén se porán en marcha o mesmo día outros dous xulgados do social, un en Vigo e outro Lugo. “A Xunta fai un investimento de máis de 850.000 euros co tres novos xulgados, que se investirán en mobiliario, equipo informático ou funcionarios”, subliñou Juan José Martín.

Pola súa banda, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia expresou “a súa satisfacción” coa Xunta e o Ministerio de Xustiza e felicitou as actuacións de xuíces e xuízas, xa que a pesar da carga de traballo na pandemia, “o número de asuntos en trámite descendeu entre o 1 e o 7%”.

Segundo apuntou, actualmente “habería preto de 35.000 asuntos en trámite” na cidade da Coruña. “Con este novo xulgado o que faremos é manternos nunha situación óptima”, dixo.

Por último, respecto da petición para que haxa un novo xulgado do Mercantil na cidade, que sería o terceiro de materializarse, o director xeral de Xustiza dixo “que se todo vai ben, podería entrar en funcionamento a finais de ano”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...