InicioSociedadeAmbulancias del Atlántico, do Grupo Orthem, renova o servizo programado da área...

Ambulancias del Atlántico, do Grupo Orthem, renova o servizo programado da área Sanitaria de Vigo

O orzamento de adxudicación será de 17.348.000 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ambulancias Del Atlántico, do Grupo Orthem, seguirá prestando o servizo programado da área Sanitaria de Vigo ata abril de 2024, cun orzamento de adxudicación de 17.348.000 euros. Así o determinou o Servizo Galego de Saúde tras estudar a oferta presentada pola actual concesionaria, que vén prestando este servizo desde setembro de 2016.

A firma do contrato entre o Sergas e Ambulancias del Atlántico farase efectiva nun prazo estimado de quince días, segundo informaron fontes da empresa concesionaria.

O acordo contractual, que poderá ser prorrogable durante dous anos máis, recolle o compromiso de renovación das 70 ambulancias que actualmente conforman a frota do servizo nun prazo máximo de seis meses desde a notificación da adxudicación.

Neste caso serán vehículos de nova matriculación e de similares características aos xa existentes. Ademais, as ambulancias destinadas ao transporte colectivo de pacientes incluirán a novidade de dispor dunha sexta butaca no habitáculo sanitario co fin de optimizar o espazo e adaptalo ás necesidades previstas en cada momento.

O novo contrato de concesión entrará en vigor o 1 de maio do presente ano e manterá o persoal de 117 profesionais cos que actualmente traballa a empresa dentro deste servizo.

Tamén, e desde 2019, Ambulancias del Atlántico xestiona o transporte sanitario urxente en Vigo (incluída a comarca do Morrazo e os concellos de Cangas e Moaña), así como un 40 por cento do lote urxente de Santiago, cun persoal global de 260 traballadores.

Ademais, e formando UTE, a empresa tamén se encarga de xestionar o transporte sanitario da Rexión de Murcia desde maio de 2020 e permanecerá en activo durante o próximos oito anos, mantendo 700 empregos das anteriores concesionarias e creando outro centenar depostos de traballo.

ÚLTIMAS

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...

O PP de Vigo critica que Samil continúe sen Bandeira Azul mentres Caballero asegura que a recuperará no extremo norte

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou este venres que a emblemática praia...

A Universidade de Vigo crea unha cátedra con BorgWarner para reforzar a formación tecnolóxica e a captación de talento

A Universidade de Vigo e a empresa BorgWarner Emissions Systems Spain formalizaron este venres...