InicioVigo e contornaO PorriñoSobreseído o caso do tren Celta ao concluír que o accidente foi...

Sobreseído o caso do tren Celta ao concluír que o accidente foi por exceso de velocidade do condutor falecido

A xuíza atribúe a responsabilidade "en exclusiva á imprudencia do maquinista".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución número 2 do Porriño acordou o sobresemento provisional, con reserva de accións civís aos prexudicados, da investigación sobre o accidente do tren Celta que descarrilou na localidade pontevedresa en setembro de 2016.

Así, a xuíza considera no auto, contra o que cabe presentar recurso, que a causa do accidente foi “o exceso de velocidade do tren”, cuxa responsabilidade atribúe “en exclusiva na imprudencia do maquinista” falecido.

Desta forma, entende que houbo unha “condución desatenta ás circunstancias da vía e á súa sinalización”. “Mesmo podería indicarse que, se se observou a velocidade de itinerario marcada con carácter xeral no tramo, o tren non descarrilaría”, engade a maxistrada.

O accidente do Tren Celta ocorreu o 9 de setembro de 2016. Nel faleceron catro persoas –entre elas o maquinista–, e outras 47 resultaron feridas, 13 delas de gravidade.

Aínda que a instrutora considera que os feitos poderían ser constitutivos de catro delitos de homicidio por imprudencia grave profesional e 47 de lesións por imprudencia grave profesional, o falecemento do condutor determina a extinción da responsabilidade penal.

ÚLTIMAS

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...