InicioSociedadeAumentan os contaxios nos centros educativos da área de Vigo

Aumentan os contaxios nos centros educativos da área de Vigo

Hai 84 menores contaxiados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos activos de covid-19 en centros educativos de Galicia –escolas infantís e ensino non universitario– romperon a tendencia descendente e experimentaron un leve incremento de 8 casos –ao pasar de 457 a 465, o que implica oito máis que a xornada anterior, mentres que as aulas clausuradas seguen en 22.

Segundo os datos actualizados este venres pola Xunta, a Escola Infantil PAI de Tordoia (A Coruña), situada na área sanitaria de Santiago, segue como único centro pechado na Comunidade galega por mor dun positivo no mesmo.

Por áreas sanitarias, a da Coruña concentra o maior número de casos de covid en centros en Galicia, con 181, cinco máis que este xoves, e mantén oito aulas pechadas. Séguelle a área sanitaria de Vigo con 84 casos –catro máis— e con cinco aulas pechadas; mentres que na de Pontevedra soben a 46 os casos activos –un máis– e mantense pechada unha aula.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...