InicioSociedadeInvestigado por coaccionar a persoas maiores para que lle mercasen máscaras e...

Investigado por coaccionar a persoas maiores para que lle mercasen máscaras e xeles contra a COVID

PUBLICADO O

O Equipo Roca da Garda Civil da Compañía de Carballo, en colaboración coa Garda Civil do Posto de Vimianzo, investigou a un veciño de Santiago como presunto autor dun delito de estafa. As vítimas potenciais eran persoas de avanzada idade ás que enganaba simulando ser representante de diferentes concellos.

Segundo relatou o Instituto Armado, os feitos ocorreron por mor de ter coñecemento o pasado mes de decembro da presenza na Costa da Morte dunha persoa que se facía pasar por representante de distintas corporacións locais e “coaccionaba a persoas de avanzada idade para a compra de diverso material para a prevención da Covid -19, principalmente xel hidroalcohólico”.

Por iso, a Garda Civil iniciou unha investigación co fin de constatar a veracidade dos mesmos e a identificación do autor no seu caso. No transcurso das pescudas pescudaron o ‘modus operandi’ desta persoa, que consistía “en contactar telefonicamente coas vítimas, normalmente persoas de avanzada idade, identificándose como representante da corporación local correspondente ao seu lugar de residencia” e solicitaba concertar unha cita no seu domicilio para a venda de diverso material de hixiene e prevención relacionado coa Covid-19, detallaron as mesmas fontes.

No caso de que o prexudicado se negara á súa solicitude ou unha vez no domicilio negásese á compra dos produtos, o agora investigado o coaccionaba “coa súa suposta posición e influencia no Concello, ameazándoo cos supostos conflitos que a súa negativa lle ía a xerar coa Corporación Local”, subliña a Benemérita.

Como resultado do traballo de campo realizado, os axentes lograron a identificación plena do autor destes feitos, “sendo esta persoa coñecida dos corpos de seguridade por ilícitos da mesma índole”, subliña o Instituto Armado. A Garda Civil procedeu a súa investigación como presunto autor dun delito de estafa. A investigación segue aberta ao non descartar a Benemérita a existencia de máis vítimas.

ÚLTIMAS

Traballadores de ambulancias de Vigo, Cangas e Moaña: “Á Xunta só lle interesa prestar un servizo o máis barato posible”

Traballadores da empresa Ambulancias do Atlántico, concesionaria do servizo de transporte sanitario e urxente en...

O Concello de Vigo fala de decisión técnica sobre a paralización da talla da Falperra e non de presión veciñal

O Concello de Vigo remitiu este xoves un comunicado aos medios no que asegura...

Un home resulta ferido grave ao botarse desde un cuarto piso en Vigo

Efectivos do 061 trasladaron a un home que resultou ferido grave tras precipitarse desde...

Unha concentración de veciños na rúa Falterra logra impedir a talla de acacias negras programada polo Concello

Membros da plataforma Amigas das Árbores e outros colectivos veciñais e ecoloxistas concentráronse este xoves na...