InicioSociedadeAs persoas que xa participaron no cribado en farmacias poderán repetir a...

As persoas que xa participaron no cribado en farmacias poderán repetir a proba

Unicamente hai que solicitalo na farmacia e ao día seguinte recoller a mostra de saliva en casa e levala á mesma farmacia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade facilita que as persoas da provincia de Pontevedra que “xa participaron”, a través das farmacias, no cribado para a detección de Covid-19 en persoas asintomáticas “poidan repetir a proba”.

Así o informou este xoves o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, que destacou que este cribado poboacional que comezou o 9 de febreiro en 381 farmacias pontevedresas “detectou 64 positivos en persoas asintomáticas de entre 40 e 64 anos residentes” na provincia.

“O cribado continúa activo nas farmacias da nosa provincia”, sinalou a presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, Alba Soutelo, quen anima os pontevedreses a participar nel.

“É moi cómodo e sinxelo, e ten unha alta fiabilidade. Unicamente hai que solicitalo na farmacia e ao día seguinte recoller a mostra de saliva en casa e levala á mesma farmacia. Nun prazo de entre 24 e 72 horas recíbese o resultado no móbil“, explicou.

A entidade colexial incidiu en que na provincia a participación dos profesionais farmacéuticos, que ofreceron as farmacias e a colaboración gratuíta, “permitiu que se poña a disposición dos cidadáns a realización de PCR de forma máis accesible”.

CRIBADO INTENSIVO EN CAMBADOS

A entidade colexial sinalou que, ao mesmo tempo que continúa o cribado provincial, iniciouse un cribado poboacional intensivo en Cambados dirixido a unha poboación diana de 5.341 persoas.

Neste cribado, que comezou o luns 8 de marzo, participan catro farmacias e estenderase durante toda esta semana, para finalizar o luns 15 a entrega de tubos coa mostra de saliva nas farmacias.

“A convocatoria foi un éxito e os cidadáns de Cambados están a acudir masivamente ás farmacias para obter os kits de recollida de mostra”, subliñou, para concretar que en tres días de cribado “xa participaron 2.494 persoas, o 46,7% da poboación diana”.

ÚLTIMAS

Air Europa cancela os seus voos entre Vigo e Madrid pola borrasca

09/10/2024    10:40H A conpañía aérea anunciou na súa páxina web que quedan cancelados os voos...

As solucións de Caballero para evitar que a AP-9 parta Teis pola metade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes o inicio dos "traballos a fondo"...

O 112 mobiliza bombeiros de Bueu para apagar dous coches ardendo en Nigrán, a 50 Km

Esta mañá, ao redor das 10:30 horas, produciuse un incendio no aparcamento do Centro...

Os encoros galegos perden catro hectómetros de capacidade nunha semana, mentres setembro rexistra choivas por encima da media

Os encoros de Galicia continúan mostrando niveis estables, a pesar dunha lixeira diminución na...