InicioSociedadeO alcalde de Soutomaior, único concello galego en nivel máximo, recoñece que...

O alcalde de Soutomaior, único concello galego en nivel máximo, recoñece que a situación é “preocupante e delicada”

Non se permitirán as reunións de non conviventes, nin a mobilidade fóra do concello, mentres que a hostalaría deberá permanecer pechada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recoñeceu que a situación no concello, que é o único de Galicia que permanece en nivel máximo de restricións, é “preocupante e delicada”, aínda que se mostrou “convencido” de que “pronto” conseguirá “niveis moito máis baixos”.

Neste sentido, remarcou que o concello está “por enriba dos 500 casos de incidencia”, ante o que pediu aos seus veciños “un último esforzo e ter un pouco máis de paciencia antes de poder rebaixar as restricións de novo”.

Así as cousas, lembrou que “hai tres semanas” no concello había “unha incidencia superior aos 2.000 casos e hox, a cuarta parte”, ante o que concluíu que “os veciños estano facendo ben, pero rebaixar unha cifra tan alta en tan pouco tempo é moi complicado”.

Neste marco, comunicou que as autoridades sanitarias realizarán un cribado xeral para reducir contaxios na comunidade educativa. Previsiblemente, as probas realizaranse a próxima semana, para o que se están solicitando as autorizacións dos pais do alumnado.

Unha vez que as medidas entren en vigor ás 00,00 horas deste venres, o concello de Soutomaior será o único de Galicia que permanecerá no nivel máximo, o que supón que non se permitirán as reunións de non conviventes, nin a mobilidade fóra do concello, mentres que a hostalaría deberá permanecer pechada.

ÚLTIMAS

O dono do Saltamontes no que se produciu o accidente mortal en Matamá acóllese ao seu dereito a non declarar

O propietario do Saltamontes no que se produciu o accidente mortal o verán pasado...

Detidos en Vigo relacionados cunha rede de distribución de imaxes íntimas de mulleres

A Policía Nacional desarticulou unha rede criminal, coa detención de 11 persoas en varias...

Sindicatos denuncian un ambiente de traballo “insoportable” en VigoNature e unha progresiva “privatización”

O comité de persoal laboral do Concello de Vigo denunciou un ambiente de traballo "insoportable" no...

Condenado un mozo de 15 anos en Vigo por agredir sexualmente a outra menor de 13

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou o...