InicioSociedadeO alcalde de Soutomaior, único concello galego en nivel máximo, recoñece que...

O alcalde de Soutomaior, único concello galego en nivel máximo, recoñece que a situación é “preocupante e delicada”

Non se permitirán as reunións de non conviventes, nin a mobilidade fóra do concello, mentres que a hostalaría deberá permanecer pechada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recoñeceu que a situación no concello, que é o único de Galicia que permanece en nivel máximo de restricións, é “preocupante e delicada”, aínda que se mostrou “convencido” de que “pronto” conseguirá “niveis moito máis baixos”.

Neste sentido, remarcou que o concello está “por enriba dos 500 casos de incidencia”, ante o que pediu aos seus veciños “un último esforzo e ter un pouco máis de paciencia antes de poder rebaixar as restricións de novo”.

Así as cousas, lembrou que “hai tres semanas” no concello había “unha incidencia superior aos 2.000 casos e hox, a cuarta parte”, ante o que concluíu que “os veciños estano facendo ben, pero rebaixar unha cifra tan alta en tan pouco tempo é moi complicado”.

Neste marco, comunicou que as autoridades sanitarias realizarán un cribado xeral para reducir contaxios na comunidade educativa. Previsiblemente, as probas realizaranse a próxima semana, para o que se están solicitando as autorizacións dos pais do alumnado.

Unha vez que as medidas entren en vigor ás 00,00 horas deste venres, o concello de Soutomaior será o único de Galicia que permanecerá no nivel máximo, o que supón que non se permitirán as reunións de non conviventes, nin a mobilidade fóra do concello, mentres que a hostalaría deberá permanecer pechada.

ÚLTIMAS

Unha mestra menos, 180 escolares e unha comunidade en pé: o conflito educativo que sacode Vigo

Aprender a quitar o abrigo, pedir axuda para ir ao baño, expresar unha necesidade...

Só catro destinos desde Peinador: o PP acusa a Aena e Abel Caballero de “acabar” co aeroporto de Vigo

Un aeroporto é moito máis que unha infraestrutura de transporte. As súas conexións condicionan...

Un exprofesor do Colexio Montecastelo de Vigo, entre os falecidos no accidente ferroviario de Urda

O Colexio Montecastelo de Vigo lamentou nas últimas horas o falecemento de Carlos Ortiz,...

‘Contra o negacionismo da violencia machista’, lema dos actos do 25N en Vigo

O Concello de Vigo presentou este luns a súa programación con motivo do 25N,...