InicioSociedadeXustiza iniciará en xullo o traslado de unidades xudiciais á nova Cidade...

Xustiza iniciará en xullo o traslado de unidades xudiciais á nova Cidade da Xustiza de Vigo

A Xunta destaca que a nova Cidade da Xustiza xa entrou na súa fase final.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xustiza iniciará, a partir de xullo próximo, o trasladado das unidades xudiciais de Vigo ás novas instalacións, no reformado edificio do antigo Hospital Xeral da cidade, segundo avanzou este martes o vicepresidente do goberno galego e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda.

En declaracións aos medios en Vigo, Rueda explicou que, cara ao mes de xuño, estará lista a planificación do traslado desde as actuais instalacións xudiciais da rúa Lalín. Dito trasladado comezará no mes de xullo, e farase “por unidades xudiciais” e por xurisdicións, tendo en conta que “os prazos da administración de xustiza non se poden parar” . “Vai ser un traslado complicado, porque son moitas unidades xudiciais”, recoñeceu o vicepresidente, que tamén apuntou que “dependerá de como estean os señalamientos”.

Rueda lembrou que a obra da nova Cidade da Xustiza xa entrou na súa fase final e que, neste momento, está a traballarse na licitación de dotacións como mobiliario, sistemas de arquivo ou equipos informáticos.

O conselleiro fixo estas declaracións durante unha visita ao edificio coñecido como ‘Gota de Leche’, onde se instalará de forma provisional o novo xulgado do Social (o número 7), e onde xa funciona un xulgado de Familia (Primeira Instancia 15). A nova unidade estará en funcionamento a finais de marzo, a pesar da alternativa exposta polo Goberno que, segundo Rueda, pretendía atrasar ata finais de xullo a posta en marcha deste xulgado, así como dos novos xulgados do Social de Lugo e A Coruña.

O xuíz decano de Vigo, Germán Serrano, que acompañou ao vicepresidente na súa visita, agradeceu a posta a disposición destas instalacións e apuntou que, aínda que se trate dunha sede provisional (en tanto non se complete o traslado á nova Cidade da Xustiza), “cumpre sobradamente os estándares de dignidade”.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...