InicioSociedadeAlcaldes de 26 concellos do Miño protestan na Ponte da Amizade co...

Alcaldes de 26 concellos do Miño protestan na Ponte da Amizade co lema ‘Open the border’

A comitiva galega e a portuguesa escenificaron as súas reivindicacións cada unha polo seu lado debido a que efectivos da GNR e da Garda Civil impediron celebrar o acto simbólico de maneira conxunta no medio da ponte.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Alcaldes de case unha trintena de municipios participaron nunha protesta na Ponte da Amizade, que une Tomiño e Vila Nova de Cerveira, onde despregaron unha pancarta xigante co lema ‘Open the border’ para denunciar as consecuencias económicas para os veciños e traballadores transfronteirizos do peche de fronteira con Portugal.

A protesta contou coa participación de representantes da Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salceda de Caselas, Salvaterra, As Neves, Arbo, Caminha, Vila Nova de Cerveira, Valença, Paredes de Coura, Monçao e Melgaço.

A pesar diso, a comitiva galega e a portuguesa escenificaron as súas reivindicacións cada unha polo seu lado debido a que efectivos da GNR e da Garda Civil impediron celebrar o acto simbólico de maneira conxunta no medio da ponte.

En declaracións aos medios, o vicedirector do AECT Rio Miño, Uxío Benítez, trasladou esta chamada de auxilio ás autoridades galegas, estatais e europeas para permitir a apertura de todos os pasos de fronteira, ademais de para reivindicar axudas económicas específicas que permitan paliar o dano provocado polas decisións de Portugal e do Estado español.

“O mal xa está feito, abran os pasos agora ou dentro dun mes. Non nos fixeron caso nas nosas reivindicacións e agora queremos que se nos teña en conta e nos compensen polas perdas”, trasladou, para lembrar que o gasto medio por traballadores en combustible rolda os 200 e os 300 euros mensuais, todo por pasar polo único paso aberto 24 horas (Tui-Valença).

PERDAS ECONÓMICAS

Tamén se referiu ao estudo elaborado pola Uvigo que constata que a hostalaría da zona está a perder un 19 por cento de facturación debido ao ‘efecto fronteira’, que se engade ás perdas rexistradas como consecuencia da pandemia.

“Hai que habilitar partidas específicas para territorios directamente de fronteira nos que o prexuízo económico foi maior, garantindo que os fondos se destinan ás zonas de raia e non se deturpen”, engadiu.

A AECT anunciou a creación dun rexistro de afectados o peche de fronteira e a presentación de mocións nos 26 municipios para instar ante todas as institucións a apertura dos pasos e a dotación de compensacións económicas polo peche.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...